A Fundación Raizame pon ao voso dispor este avance das principais actividades a desenvolver ao longo do primeiro catrimestre do ano, que actualizaremos a medida que se vaian incorporando novas formacións.
CURSO / Marco lexislativo sanitario
Actividade formativa dirixida a facilitar os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns emanados da Constitución Española con especial aplicación e reflexo no ámbito sanitario, tales como:
1. Dereito á protección da saúde
2. Principios inspiradores da Lei Xeral de Saúde
3. Competencias das diferentes Administracións Públicas, organización xeral e características do sistema de saúde
4. Protección de datos persoais no eido sanitario, así como observación dos preceptos da Lei da Autonomía do paciente
TALLER / Manexo de feridas complexas
Formación dirixida a desenvolver as habilidades e as competencias precisas e necesarias na aplicación dos procedementos relacionados coa atención a feridas complexa e ostomías, acorde ás normas e protocolos sanitarios vixentes.
CURSO ON LINE/ Organización de roupa hospitalaria
Actividade dirixida a desenvolver coa maior eficiencia todo o traballado referido ao tratamento da roupa empregada en hospitais e outras institucións. Actualización de coñecementos en nova maquinaria e procesado de roupa.
CURSO / Prevención e xestión de riscos psicosociais
Formación dirixida a facilitar ferramentas e coñecementos específicos sobre a prevención e a avaliación dos danos á saúde aos que cada vez máis están expostos os traballadores de calquera sector produtivo debido aos riscos psicosociais. Detección e metodoloxía para avaliar eses riscos e formas de actuación ante os mesmos.
* Outras actividades
Prevese o desenvolvemento dunha programación en materia de PRL, organizada en cursos e xornadas a desenvolver por toda a xeografía galega. Estas formacións terán como obxecto actualizar coñecementos e xeitos de actuación para garantir a seguridade e saúde laboral, así como sensibilizar nesta materia. Abranguerán un amplo abano de colectivos destinatarios e diversos campos de interveción, tanto a nivel sectorial como intersectorial.