A Fundación ten por obxecto:
1. Fomentar o estudo e a investigación en materia de emprego e formación profesional e social dos traballadores e das traballadoras de Galicia.
2. Axudar á definición das necesidades de formación e cualificación dos traballadores, en función das demandas sociais, o desenvolvemento rexional, tecnolóxico e económico.
3. Favorecer a formación ao longo da vida dos traballadores, mellorando a súa capacidade profesional e promoción profesional.
4. Proporcionar os traballadores os coñecementos e as prácticas adecuadas aos requirimentos do mercado de traballo e ás necesidades das empresas.
5. Prestarlle atención prioritaria á formación de persoas desempregadas con necesidades especiais de reinserción no mercado de traballo tales como: mozos e mozas de primeiro emprego, mulleres que reingresan no mercado de traballo, parados de longa duración, persoas con diversidade funcional…
6. Contribuír á orientación laboral e profesional dos traballadores, tanto dos desempregados como dos que están ocupados.
O desenvolvemento do obxecto fundacional poderá realizarse directamente pola fundación ou mediante colaboración con outras entidades, organismos, institucións ou persoas que contribúan á consecución dos fins fundacionais.