
A manipulación manual dun corpo pesado é responsable, en moitos casos, da aparición da fatiga física e, incluso, de lesións que se poden producir dunha forma inmediata ou por acumulación de pequenos esforzos ou traumatismos aparentemente sen importancia. O obxecto deste curso é, por tanto, dotar aos asistentes das ferramentas necesarias para unha mobilización correcta dos corpos e corrixir malos hábitos de hixene postural, que contribuirán tamén a evitar lesións.
Esta formación terá unha duración de 4 horas e está programada en:
Ribeira: 28 marzo
Lugo: 3 abril
Santiago: 17 abril


