II Edición do curso: Actualización en normativa sanitaria

O 30 de outubro comeza en A Coruña unha II edición do curso Actualización en normativa sanitaria.

Trátase dunha actividade formativa dirixida a facilitar os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns emanados da Constitución Española con especial aplicación e reflexo no ámbito sanitario, tales como:

1. Dereito á protección da saúde

2. Principios inspiradores da Lei Xeral de Saúde

3. Competencias das diferentes Administracións Públicas, organización xeral e características do sistema de saúde

4. Protección de datos persoais no eido sanitario, así como observación dos preceptos da Lei da Autonomía do paciente

O curso prolongarase ata o 5 de febreiro, en horario de mañás, de 10.00 a 12.00, e de tardes, de 17.00 a 19.00.

*Durante o mes de outubro celebrouse unha edición limitada de repaso con duración de 10 horas.

Programación de Cursos PRL CSIF 4º Cuatrimestre

Poñemos ao voso dispor a Programación de Cursos PRL de CSIF Galicia para o 4º Cuatrimestre deste ano 2023.

XORNADA DA XESTIÓN DA VIOLENCIA FÍSICA EN ENTORNOS LABORAIS

Edicións

Ourense – 28 e 29 setembro

A Coruña – 4 e 5 outubro

XORNADA PARA O AFRONTAMENTO DE CONDUTAS VERBAIS DESAFIANTES

Edicións

Santiago – 2 outubro

Ourense – 18 outubro

Lugo – 19 outubro

XORNADA DE XESTIÓN DAS AGRESIÓNS E ACOSO NAS REDES SOCIAIS. PROPOSTAS PRÁCTICAS E ACCIÓNS LEGAIS

Edicións

Santiago – 19 setembro

XORNADA SOBRE PREVENCIÓN DE LESIÓNS MUSCOESQUELÉTICAS NA MANIPULACIÓN DE CARGAS E MOBILIZACIÓNDE PERSOAS

Edicións

Lugo – 12 setembro

XORNADA DE XESTIÓN EMOCIONAL DO SÍNDROME DE DESGASTE DOS PROFESIONAIS – SINDROME DE BURNOUT

Edicións

Santiago – 21 setembro

Lugo – 16 outubro

Ourense – 17 outubro

XORNADA PARA O EMPREGO DUNHA CONDUTA PAS E SOPORTE VITAL BÁSICO

Edicións

A Coruña – 26 setembro

Avance de Actividades 2023

A Fundación Raizame pon ao voso dispor este avance das principais actividades a desenvolver ao longo do primeiro catrimestre do ano, que actualizaremos a medida que se vaian incorporando novas formacións.

CURSO / Marco lexislativo sanitario

Actividade formativa dirixida a facilitar os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns emanados da Constitución Española con especial aplicación e reflexo no ámbito sanitario, tales como:

1. Dereito á protección da saúde

2. Principios inspiradores da Lei Xeral de Saúde

3. Competencias das diferentes Administracións Públicas, organización xeral e características do sistema de saúde

4. Protección de datos persoais no eido sanitario, así como observación dos preceptos da Lei da Autonomía do paciente

TALLER / Manexo de feridas complexas

Formación dirixida a desenvolver as habilidades e as competencias precisas e necesarias na aplicación dos procedementos relacionados coa atención a feridas complexa e ostomías, acorde ás normas e protocolos sanitarios vixentes.

CURSO ON LINE/ Organización de roupa hospitalaria

Actividade dirixida a desenvolver coa maior eficiencia todo o traballado referido ao tratamento da roupa empregada en hospitais e outras institucións. Actualización de coñecementos en nova maquinaria e procesado de roupa.

CURSO / Prevención e xestión de riscos psicosociais

Formación dirixida a facilitar ferramentas e coñecementos específicos sobre a prevención e a avaliación dos danos á saúde aos que cada vez máis están expostos os traballadores de calquera sector produtivo debido aos riscos psicosociais. Detección e metodoloxía para avaliar eses riscos e formas de actuación ante os mesmos.

* Outras actividades

Prevese o desenvolvemento dunha programación en materia de PRL, organizada en cursos e xornadas a desenvolver por toda a xeografía galega. Estas formacións terán como obxecto actualizar coñecementos e xeitos de actuación para garantir a seguridade e saúde laboral, así como sensibilizar nesta materia. Abranguerán un amplo abano de colectivos destinatarios e diversos campos de interveción, tanto a nivel sectorial como intersectorial.