II Edición do curso: Actualización en normativa sanitaria

O 30 de outubro comeza en A Coruña unha II edición do curso Actualización en normativa sanitaria.

Trátase dunha actividade formativa dirixida a facilitar os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns emanados da Constitución Española con especial aplicación e reflexo no ámbito sanitario, tales como:

1. Dereito á protección da saúde

2. Principios inspiradores da Lei Xeral de Saúde

3. Competencias das diferentes Administracións Públicas, organización xeral e características do sistema de saúde

4. Protección de datos persoais no eido sanitario, así como observación dos preceptos da Lei da Autonomía do paciente

O curso prolongarase ata o 5 de febreiro, en horario de mañás, de 10.00 a 12.00, e de tardes, de 17.00 a 19.00.

*Durante o mes de outubro celebrouse unha edición limitada de repaso con duración de 10 horas.

Prevención de lesións na manipulación de carga e mobilización de persoas

A manipulación manual dun corpo pesado é responsable, en moitos casos, da aparición da fatiga física e, incluso, de lesións que se poden producir dunha forma inmediata ou por acumulación de pequenos esforzos ou traumatismos aparentemente sen importancia. O obxecto deste curso é, por tanto, dotar aos asistentes das ferramentas necesarias para unha mobilización correcta dos corpos e corrixir malos hábitos de hixene postural, que contribuirán tamén a evitar lesións.

Esta formación terá unha duración de 4 horas e está programada en:

Ribeira: 28 marzo

Lugo: 3 abril

Santiago: 17 abril