Curso en Prevención de Riscos Laborais para o emprego dunha conduta PAS e soporte vital

A Fundación Raizame organiza esta acción formativa dirixida as persoas traballadoras activas ou en situación de desemprego que poidan verse involucradas ou afectadas por un accidente ou incidente laboral de tipo cardiorrespiratorio.

Edicións: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo, Sta. Uxía de Ribeira, Vilagarcía de Arousa e O Barco de Valdeorras

Máis información no teu local sindical.

Xornada de vixiancia sanitaria das persoas traballadoras expostas ao ruído

A Fundación Raizame organiza esta acción formativa dirixida as persoas traballadoras activas ou en situación de desemprego e as persoas traballadoras autónomas, de calquera sector produtivo de Galicia que traballen en ambientes cun alto nivel sonoro e que poida danar a súa saúde.

Edicións: A Coruña, Ourense e Santiago de Compostela.

Máis información no teu local sindical.

Curso de Plans de emerxencia e evacuación para a prevención de riscos laborais e psicosociais

A Fundación Raizame organiza esta acción formativa dirixida as persoas traballadoras activas ou en situación de desemprego, que poidan estar interesadas en coñecer os plans de evacuación e emerxencia en empresas de calquera sector produtivo de Galicia.

Edicións: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo.

Máis información no teu local sindical.

Xornada de Prevención de Accidentes «In itinere» para o persoal traballador das institucións sanitarias

A Fundación Raizame organiza esta acción formativa dirixida as persoas traballadoras activas ou en situación de desemprego que traballen no sector sanitario que debido ós desprazamentos e fatiga por mor das quendas e horarios,
favorece a aparición de accidentes, sobre todo nas estradas.

Edicións: A Coruña, Lugo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Máis información no teu local sindical.

Técnicas de Apertura en situacións de emerxencia

Curso teórico-práctico no que se estudarán e analizarán as técnicas máis empregadas en roubos con forza (resbalón, bumping, ganzuado…). Así mesmo, abordarase como actuar en situacións de emerxencia, para executar a apertura dinámica e aperturas de vehículos. A prevención e o asesoramento en medidas de seguridade serán outros dos temas que se tratarán no curso.

Días 11 e 12 de decembro no salón de actos da Fundación Raizame en horario de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 h.

II Edición do curso: Actualización en normativa sanitaria

O 30 de outubro comeza en A Coruña unha II edición do curso Actualización en normativa sanitaria.

Trátase dunha actividade formativa dirixida a facilitar os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns emanados da Constitución Española con especial aplicación e reflexo no ámbito sanitario, tales como:

1. Dereito á protección da saúde

2. Principios inspiradores da Lei Xeral de Saúde

3. Competencias das diferentes Administracións Públicas, organización xeral e características do sistema de saúde

4. Protección de datos persoais no eido sanitario, así como observación dos preceptos da Lei da Autonomía do paciente

O curso prolongarase ata o 5 de febreiro, en horario de mañás, de 10.00 a 12.00, e de tardes, de 17.00 a 19.00.

*Durante o mes de outubro celebrouse unha edición limitada de repaso con duración de 10 horas.

Programación de Cursos PRL CSIF 4º Cuatrimestre

Poñemos ao voso dispor a Programación de Cursos PRL de CSIF Galicia para o 4º Cuatrimestre deste ano 2023.

XORNADA DA XESTIÓN DA VIOLENCIA FÍSICA EN ENTORNOS LABORAIS

Edicións

Ourense – 28 e 29 setembro

A Coruña – 4 e 5 outubro

XORNADA PARA O AFRONTAMENTO DE CONDUTAS VERBAIS DESAFIANTES

Edicións

Santiago – 2 outubro

Ourense – 18 outubro

Lugo – 19 outubro

XORNADA DE XESTIÓN DAS AGRESIÓNS E ACOSO NAS REDES SOCIAIS. PROPOSTAS PRÁCTICAS E ACCIÓNS LEGAIS

Edicións

Santiago – 19 setembro

XORNADA SOBRE PREVENCIÓN DE LESIÓNS MUSCOESQUELÉTICAS NA MANIPULACIÓN DE CARGAS E MOBILIZACIÓNDE PERSOAS

Edicións

Lugo – 12 setembro

XORNADA DE XESTIÓN EMOCIONAL DO SÍNDROME DE DESGASTE DOS PROFESIONAIS – SINDROME DE BURNOUT

Edicións

Santiago – 21 setembro

Lugo – 16 outubro

Ourense – 17 outubro

XORNADA PARA O EMPREGO DUNHA CONDUTA PAS E SOPORTE VITAL BÁSICO

Edicións

A Coruña – 26 setembro