Xornada en PRL para o emprego dunha conduta PAS e soporte vital básico

Dirixida a todo tipo de traballador e traballadora, do sector sanitario de Galicia, que poida verse involucrado ou afectado por un accidente ou incidente de saúde no seu marco laboral.


A finalidade desta xornada é conseguir sensibilizar a calquera traballador ou traballadora na necesidade de seguir intervindo e axudando naqueles supostos de accidentes ou incidentes de saúde, así como na utilización dun procedemento PAS xunto con aquelas técnicas de soporte vital básico e desfibrilación e outras específicas para queimaduras, convulsións, acv, entre outras, como medio imprescindible no ámbito laboral para poder
salvar vidas ou reducir as deficiencias e/ou secuelas que poden producirse froito dunha sinistralidade deste tipo.

EDICIÓNS:

O Barco de Valdeorras / 09.00 a 14.00 h

O Barco de Valdeorras / 16.00 a 21.00 h