Prevención de lesións na manipulación de carga e mobilización de persoas

A manipulación manual dun corpo pesado é responsable, en moitos casos, da aparición da fatiga física e, incluso, de lesións que se poden producir dunha forma inmediata ou por acumulación de pequenos esforzos ou traumatismos aparentemente sen importancia. O obxecto deste curso é, por tanto, dotar aos asistentes das ferramentas necesarias para unha mobilización correcta dos corpos e corrixir malos hábitos de hixene postural, que contribuirán tamén a evitar lesións.

Esta formación terá unha duración de 4 horas e está programada en:

Ribeira: 28 marzo

Lugo: 3 abril

Santiago: 17 abril