Para a consecución dos fins mencionados, a Fundación Raizame realizará as seguintes actividades:
- Fomentar, participar e colaborar coas diferentes entidades públicas e privadas no estudo, análise e investigación das diferentes necesidades de cualificación e formación inicial, ocupacional e continua, así como na busca de solucións e alternativas ás diferentes barreiras e necesidades socioeconómicas.
2. Participar nas modalidades e niveis que define o padroado na implantación directa de actividades de formación básica e permanente mediante cursos por correspondencia; semipresenciais e presenciais e a través da Internet; formación profesional e de todo tipo. En particular, toda a ensinanza ou actividades asimiladas relacionadas coa formación para o emprego, incluíndo a formación e apoio.
3. A realización de actividades encamiñadas a desenvolver accións de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica na formación; proxectos de investigación e estudos de campo sectoriais e territoriais, tanto autonómicos coma estatais, e/ou europeos e/ou transnacionais en xeral; así como a presentación a concursos públicos no territorio nacional ou estranxeiro. Todo iso principalmente nos ámbitos formativo, social, económico, ambiental, a prevención de riscos laborais e as novas tecnoloxías da información e comunicación, sen prexuízo doutros ámbitos relacionados coas actividades citadas anteriormente
4. Divulgar e sensibilizar sobre a promoción social e laboral das mulleres así como fomentar a sensibilización dirixida a cambiar as actitudes en relacións de xénero así como o desenvolvemento de estratexias para traballar na prevención da violencia de xénero.
5. Fomentar a cultura de prevención de riscos laborais mediante o asesoramento e asistencia técnica en seguridade e saúde no traballo; o desenvolvemento de actividades de capacitación, formación e investigación en seguridade e saúde no traballo e na elaboración e divulgación de estudos e informes relacionados coa prevención de riscos.
6. Fomentar o desenvolvemento persoal e social dos traballadores, así como hábitos e estilos de vida saudables, mediante o deseño e elaboración de plans e actuacións que favorezan unha axeitada utilización e ordenación do tempo libre, o ocio e o deporte.
7. Fomento do desenvolvemento cultural e lingüístico dos traballadores en Galicia.
8. Promover a I+D e o uso das TICs para fomentar a competitividade o crecemento económico e á produtividade.
9. Calquera outra actividade que contribúa ao obxecto e finalidade xeral da fundación.